Esta figura de entroido é o que caracteriza o noso municipio, é unha tradición a cal ninguén se quere perder. Distintas idades do noso municipio participan nela, desde nenos de 3 anos cara adiante.
A máscara e a peza máis significativa, teñen cara de xesto autoritario, co soriso retranqueiro, grandes bigotes, amplas cellas , coloretes en ambalas dúas meixelas coroada pola ilustración dun animal ou ave rapaz representativa da serra de San Mamede. A parte posterior dela ten unha pel de animal e no alto da micra ten un rabo de raposo.
O traxe está constituido por unha camisa branca, gravat, unha chaquetilla con galones dourados, medias negras, calcetíns brancos, pololos, ringleiras de borlas de distintas cores, unha colcha con freques claros ao redor da cintura para amortiguar os golpes das cinco chocas, zapatos negros,
collares varios e o bastón na man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario