1.Santuario dos Milagres. (5.3km)
Templo relixioso situado no Monte Medo, en Baños de Molgas. Foi construído entre 1731 e 1768. O proxecto de edificar a Vía Sacra para completar o Santuario existente só se realizou parcialmente coa construción de seis capelas. Lugar famoso debido a súa pregrinación en Septembro.

2.Baños de Molga (4.9km)
Esta pequena aldea é famosa polo seu balneario ao carón do río, e pola seu pilón de auga termal. Ten tamén unha vella estación de tren.

3.Museo Moncho borrrajo. (5,8km)
A vella estación de ferrocarril de baños de molgas garda un curioso museo que expon o legado do artista orixinario de este lugar, Moncho Borrajo, con vitrinas que mostran a súa traxectoria artística, fotografías de amigos, do mundo del espectáculo e diversas curiosidades como unha colección de casi 1000 aneis do artista.
4. O monasterio de San Pedro de Rocas. (17 km)
Foi un convento situado na parroquia de Rocas, no concello de Esgos. É o mosteiro máis antigo de Galiza, amais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escavada na rocha viva. Neste lugar tamén podemos visitar a fonte de San Benito e o sendeiro circular por San Pedro de Rocas
5.Centro de interpretación da Ribeira Sacra.
Este centro de interpretación atópase na antiga casa prioral do Mosteiro de San Pedro de Rocas. Ten dúas plantas con diferentes salas: -A planta baixa dedícase a explicar a historia do propio mosteiro, e a forma en que vivían os monxes. -A planta superior trata de achegarnos aos costumes, forma de vida, tradicións, oficios artesáns, e o viño de toda a zona da Ribiera Sacra ourensá. Entrada libre. Horario: 10-14 h e 16-20.30 h


6.Monasterio de Xunqueira de Espadañedo
O mosteiro de Santa María é monumento nacional, foi da orde do Cister e a súa orixe é románico, os seus inicios son do século XII.As remodelacións e engadidos de tantos anos da súa existencia fixeron que a súa fachada sexa barroca ou o claustro renacentista. Non obstante a igrexa conserva dúas portadas románicas.Agora distintas dependencias municipais ocupan parte do edificio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario