O castelo de maceda é unha fortificación medieval, está situado na cima da vila como punto estratéxico.

Está construído con perpiaños de granito, os cales conservan as marcas dos canteiros que os cortaron. Conta tamén de pequenos pasillos desde os que se vixiaba.
O elemento máis antigo é a torre da homenaxe, de planta cadrada, que se remonta ao século XI.

A torre está envolvida por unha cerca, delimitando unha praza de armas. Nela ábrese un pozo para salvar unha diferenza de setenta metros para chegar ás augas do río de Chaioso.
Confórmase en catro lados con ameas, dous dos seus vértices refórzanse, un cunha torre de planta cadrada, e o outro extremo, cunha de planta circular, nos demais hai contrafortes defensivos.

Agora este maravilloso monumento dispón dun bar, dun restaurante no que se dispón unha carta con gran variedade. e dun hotel cunha valoración de 3 estrellas,

Neste castelo celebranse tamén todo tipo de eventos como comunións, bodas...Disponse tamén dunha estupenda terraza na que podes disfrutar das vistas dos redores do castelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario